O venres 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz no noso colexio. Moitos levaban pombiñas como símbolo da Paz. A presentación fixérona alumnos de 6º que tamén tocaron a frauta e recitaron fermosas poesías. Os de 5º fixeron recitado da adaptación dunha canción de Ana Belén e presentaron un manifesto pola paz (verbal e visual).
Tamén iamos ver un vídeo elaborado en 5º pero por faios técnicos houbo que suspendelo,¡outro día será!. Para rematar houbo unha solta de pombas.
Para compensar, aquí podedes ve-lo vídeo que ven sendo unha composición fotográfica con fondo musical que se elaborou con dobre finalidade: "o estudio das palabras polisémicas" e "o manifesto pola PAZ". Algunhas das imaxes son de google e a canción de fondo é "Verdad que sería estupendo" dos Cómplices. Desde aquí o noso agradecemento.
Agardamos que vos guste.
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2009. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2009. Mostrar todas las entradas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


