Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

Samaín

MySpace Codes

Halloween Card


A continuación tedes un vídeo da biblioteca de Cespón coa canción do grupo Mamá Cabra.

"O Samaín"



O Samaín é outra das festas de ciclo anual típicas de Galicia. Trátase dunha festa de orixe celta, que se celebra na noite do 31 de outubro. Esta data coincide co comezo do ano novo celta e a festa na honra dos defuntos. A celebración marca a transición do outono ao inverno. Os celtas crían que nesta data os defuntos podían andar por entre os vivos.
Moitas son as vilas galegas mailos centros escolares que estamos a recuperar esta tradicional festa de outono, onde as cabazas e as candeas son as principais protagonistas.
A continuación podedes ver algunhas das imaxes e dos traballos que se fixeron por esa data.
A celebración non só foi nas aulas, tamén continuou no Comedor.