"O Magosto"


Dentro das festas de ciclo anual, no noso Centro celebramos "O Magosto".
Nos días previos, todos colaboramos co E.N.D.L. para ter todo listo.
Desde a Biblioteca aportáronnos material fotocopiable con información sobre o castiñeiro mailo seu froito "a castaña". Despois en cada aula trabállese con esta información adaptándoa a cada nivel e facendo traballiños para entregarlle ao ENDL quen se encargará de facer a presentación final cos traballos recompilados.
Os alumn@s de Educación Infantil realizaron diademas e cestiños ademáis de engalanar os nosos corridores.
Os de 1º ciclo adicáronse á recollida de adiviñas e refráns.
Os de 2º ciclo aportaban receitas
Os de 3º ciclo fixeron un libro e bandas deseñadas para a presentación final dun vídeo.
Tamén se fixeron gravacións en audio para o fondo musical do vídeo.
O E.N.D.L. elabora unha tarxeta de invitación para que as familias sexan coñecedoras do que imos facer ese día e se poden, nos veñan acompañar.
Chegado o día 10 de novembro, fixémolos xogos previstos no interior do polideportivo e despois no patio asámos as castañas e, claro está, comímolas.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes e tamén poñeremos o libro na categoría "As nosas cousas" que en breve publicaremos. Andamos tamén a mirar de poder subir o vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario