Exposición fotográfica de Giovana Pereira

Contamos coa exposición de Giovana Pereira unha uruguaia afincada na nosa terra.
Con esta exposición Giovana amósanos a súa gran sensibilidade artística para retratar a natureza viva ademais do seu indubidable dominio técnico.
O obxectivo que pretendemos acadar coas exposicións fotográficas é o de favorecer e incentivar o espírito crítico dos alumnos ao tempo que desenrolan o amor á arte nunha das súas modalidades máis próxima a eles.
As fotos escollidas dentro das da exposición para o posterior traballo de aula foron as referidas ao mundo animal e vexetal. Unha primeira fase de observación directa na que escollen a fotografía que máis os impactou, xa sexa pola cor, pola técnica fotográfica o simplemente por un sentimento que lles inspira, unha lembranza... A continuación deben plasmar estes sentimentos e sensacións en papel, empregando as súas palabras para pasar da imaxe á produción literaria, un conto, un poema…

No hay comentarios:

Publicar un comentario