O xoves, 18 de novembro, contamos no centro coa presenza de Don Julio Leira, avó de Carlos de 5º e un verdadeiro artista da fotografía. Veu en calidade de especialista en fotografía para darnos unha charla sobre aspectos deste arte no salón de actos. Cando rematou a charla houbo un taller no que os/as alumnos/as de terceiro ciclo de primaria fixeron varias fotos; seguidamente proxectáronse na pantalla para poder analizar detalles sobre enfoque e iluminación de cada unha. Tamén lle proporcionou materiais ao alumnado para que puideran facer nas súas casas unha cámara oscura e así ver como foron os principios en fotografía.
Desde aquí querémoslle agradecer a súa colaboración coa escola. Si queredes ver fotografías deste artista podedes visitar a súa web www.borxa-fotografia.com
Aquí podedes ver a entrevista que lle fixeron alumn@s de 5º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario