
No noso centro celebramos o Día da Paz, hoxe día 31 de xaneiro. Nos días previos nas aulas fíxéronse diversas actividades. En todos os cursos fixemos manualidades, carteis e murais. Tamén fixemos lecturas que nos foron recomendadas desde a biblioteca e os maiores tamén fixemos poemas e contos sobre a Paz. Hoxe no patio da escola os de sexto leron un manifesto pola Paz e tamén se recitaron varios poemas. E como remate, a xa tradicional solta de pombas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario