Axenda 21

Hoxe, día 1 de abril, tivemos unha charla de Axenda 21 co tema da reciclaxe.
Ana deunos unha charla e vimos unha presentación para logo facer un xogo de “tratamento dos residuos” onde vimos como empregar os distintos colectores, cada cor indica o que debemos tirar en cada un deles.
Previamente na clase de Coñecemento do Medio falamos dos problemas que xera o lixo, a contaminación… Fixemos traballos de investigación sobre o tema do cambio climático. No xornal buscamos noticias relacionadas coa contaminación ambiental e na clase de Lingua fixemos poemas, contos e mesmo un rap.

No hay comentarios:

Publicar un comentario