Despedindo o ano felicitando a Nuria

Os nosos parabéns para Nuria que acaba de recibir o 2º premio de poesía infantil do XXIV CERTAME LITERARIO A PIPA 2015. Poñemos aquí o seu traballo ganador para gozar nós tamén con este bonito poema.


CHEGOU UNHA BELEZA

Frío, branco
branco, frío
todo o que vexo é branco
todo o que sinto é frío.


Copos de neve caen
boliñas brancas e máis
copos de neve caen
boliñas vermellas e máis.

De momento é pola mañá
así que a emoción pode comezar.
Que é o que se ve por alá?
Un home que parece que vai rebentar.

Copos de neve caen
boliñas brancas e máis
copos de neve caen
boliñas vermellas e máis.

Un home de pelo vermello
está moi preto
con zocas chegará
e con castañas nos fartará.

Copos de neve caen
boliñas brancas e máis
copos de neve caen
boliñas vermellas e máis.

Que ten, unha pipa para mastigar
ou unha pipa para soprar?
O apalpador unha boina levará
pero aínda non sei como se lle dá pintar!

Copos de neve caen
boliñas brancas e máis
copos de neve caen
boliñas vermellas e máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario