Aprendendo a orientarnos no "Equinoccio de outono"


Contamos coa presenza dun profesor do IES do Camiño no Centro. Explicounos como facer para orientarnos polo Sol. Tamén nos explicou a diferenza entre os equinoccios e os solsticios.

O outono empezou o 23 de setembro e no Equinoccio de outono o Sol está exactamento sobre o ecuador celeste e nel a duración do día e da noite é a mesma. O outono durará 89 días e 20 horas, terminará o 21 de decembro. No outono cambiará a hora o domingo 28 de outubro.

Tras a posta do Sol, ao longo de todo o outono poderemos ver os planetas Marte e Saturno. Xúpiter poderémolo ver a mediados de novembro e ao amencer, brillarán Venus -a partir de novembro- e Xúpiter -a partir de decembro-.

Polas noites no outono ao redor da Estrela Polar poderemos apreciar agrupacións ficticias de estrelas coñecidas como constelacións: o Cisne, Casiopea, a Osa Menor e a Xirafa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario