Antonio Fraguas fixo un gran traballo sobre o entroido e nós temos aquí ao noso boteiro.

O boteiro é a figura principal do entroido de Viana do Bolo, considerado o máis antigo de Galicia. É un personaxe que vai berrando e dando golpes cun pau. Representa o mal e a súa función é abrir paso ao folión, apartando aos espectadores. Descoñécese a súa orixe exacta aínda que se cre que ten as súas raíces nos ritos agrícolas e gandeiros de purificación da época prerromana. Na época feudal, o boteiro intimidaba ás personas para obrigarlos a pagar os impostos. O traxe é de laboriosa confección. Pódese tardar un ano enteiro, a dúas horas diarias. Todos os traxes son orixinais, non hai dous boteiros iguais. Trátase dunha imaxe interactiva. Pincha nas frechas para coñecer os nomes das partes do traxe do noso boteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario