Entrega de premios de xornalismo "Escola de Prensa" do Progreso

Claudia ven de recibir da man da presidenta do xornal, Dona Blanca García Montenegro, o primeiro premio na categoría de entrevista do xornal "El Progreso". Parabéns por un traballo ben feito. Nas fotos, ante a atenta mirada da súa familia e co seu avó -o entrevistado- que tivo a sorte de ser alumno de Antonio Fraguas. Foi un día especial, non sen nervios porque xusto onde ía ser a entrega de premios vendo a rotativa houbo unha nube tóxica que obrigou a cambiar a ubicación ás instalación da Rúa Ribadeo. Claudia puido repartir no Centro exemplares do suplemento especial Escola de Prensa onde aparece publicada a súa entrevista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario