Día do libro

Para celebrar este día fixéronse diversas actividades. Tanto o alumnado coma o profesorado deron as súas recomendacións como medida para fomentar a lectura. Na biblioteca do centro o alumnado de 4º encargouse de facer lecturas de poemas. Os máis grandiños de terceiro ciclo fixeron a súa homenaxe particular ao recentemente falecido Gabriel García Márquez con bolboretas amarelas incluídas e tamén tiveron unha lembranza para Elena Poniatowska que ven de recibir o Premio Cervantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario