A nosa cidade

De seguro que moitos dos lucenses non coñecemos o gran patrimonio que temos. Outras veces, non o valoramos porque estamos afeitos a velo día a día.
Coa pretensión de coñecer mellor a nosa cidade, e en particular, o legado que nos deixaron os romanos, fixemos no mes de outubro unha saída por Lugo. Neste libro, imos recordar o que podemos ver; e tamén poñemos o noso gran de area á hora de comemorar o décimo aniversario da declaración da MURALLA como Patrimonio da Humanidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario