Unha de celtas e romanos - A farmacia natural

Dentro do proxecto de innovación que estamos desenvolvendo na nosa escola temos unha parte dedicada ás plantas medicinais que xa se usaban desde os tempos dos celtas e os romanos. Nesta andaina estanos a axudar a Fundación Barrié que nos enviou 23 especies distintas para que podamos estudalas en vivo e en directo. Agora estamos na fase de cultivo como se pode ver na foto pero consta de moitas máis: identificación, creación dun herbario virtual moi especial porque tamén vai ter adiviñas, refráns, poemas, contos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario